Un operario da AP-9 morre atropelado na peaxe de Sigüeiro

Un operario que traballaba realizando tarefas de mantemento na peaxe de Sigüeiro da AP-9 faleceu esta tarde tras ser arroiado por un cambión, segundo informou a Garda Civil de Tráfico.

A vítima, J.M.O., de 35 anos, atopábase traballando na sinalización da marxe dereita da vía, en sentido Santiago-A Coruña, cando foi atropelado polo vehículo pesado na propia peaxe da autoestrada, situada no quilómetro 55 de AP-9, á altura do municipio coruñés de Oroso.

Ferido grave en Verín
Noutro accidente ocorrido este venres resultou ferido grave o condutor dunha motocicleta ao saírse da vía no quilómetro 160,080 da A-52, no municipio de Verín (Ourense).

O ferido, de 56 anos e do que non se facilitou a súa identidade, é veciño da localidade ourensá de Oimbra.

comentarios