Un morto e un ferido ao chocar o seu coche contra unha casa en Boimorto

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida nun accidente de circulación ocorrido esta madrugada en Boimorto (A Coruña), que consistiu na colisión dun vehículo cunha vivenda.

O 061 informou de que o suceso se produciu ás 06:07 horas desta mañá. Tras o impacto, enviouse ao lugar dúas ambulancias medicalizadas e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada de Arzúa.

No lugar do sinistro faleceu un dos ocupantes do turismo, cuxa identidade por agora se descoñece, amentas outro, do que tampouco hai datos, foi trasladado ao .

Comentarios