Un morto e dous feridos nun accidente en Padrón

O vehículo chocou contra unha árbore nunha saída de vía

Unha persoa perdeu a vida e outras dúas resultaron feridas de diversa consideración tras sufrir un accidente na parroquia de Carcacía, en Padrón. O turismo no que viaxaban saíuse da vía e  chocou contra unha árbore.

O sinistro ocorreu apenas uns minutos logo da unha desta madrugada. A voz de alarma dérona os profesionais sanitarios, que solicitaron medios de rescate para sacar á vítima atrapada no interior do vehículo. Así, os xestores do 112 Galicia enviaron un aviso aos Bombeiros de Boiro e aos membros do GES de Padrón.

A pesar da todo, nada se puido facer por salvar a vida dun dos ocupantes do turismo. Os outros dous foron enseguida evacuados ao hospital de referencia nunha ambulancia de Urxencias Médicas.

Ademais dos bombeiros e efectivos de urxencias, os xestores do CAE 112 Galicia pediron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do instituto forense.

Comentarios