Dous xestores e un membro da subcomisión de hepatite C declararán como testemuñas

A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C confían en que as súas revelacións. do próximo día 26, sirvan para "saber como se facían as cousas"
Miembros de la Plataforma Gallega de Afectados por la Hepatitis C, durante un acto celebrado con motivo del Día Mundial de la Hepatitis
photo_camera Miembros de la Plataforma Gallega de Afectados por la Hepatitis C, durante un acto celebrado con motivo del Día Mundial de la Hepatitis

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Santiago citou para o vindeiro mércores 26 de abril a declarar como testemuñas a Santiago Tomé, un dos membros da subcomisión da hepatite C e á que era directora de Recursos Económicos do Chus, María José L.R., e ao seu homólogo no Chuac, Emilio C.F.

Segundo confirmaron a Efe, estas declaracións como testemuñas derivan das anteriores declaracións dos dous altos cargos do Sergas, o que fora director xeneral de Asitencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas) –e actual xerente da área sanitaria de Vigo–, Félix Rubial, e subdirectora xeral de Farmacia, Carolina González-Criado, investigados por supostos delitos de prevaricación e homicidio imprudente, nunhas declaracións nas que derivaron as decisións na subcomisión da hepatite C.

Por iso, tal e como apuntaron a Efe as fontes consultadas, proseguirá a toma de declaracións como testemuñas ao resto dos membros da citada comisión, para o que, con todo, aínda non hai data fixada.

Xa se produciron os contactos coas familias das seis vítimas 

Doutra banda, o presidente da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C, Quique Costas, confiou en que os testemuños da próxima semana sirvan para "saber como se facían as cousas e quen tomaba as decisións" en tanto que os tres están citados como testemuñas, e polo tanto teñen a "obrigación" de dicir a verdade.

Ademais, tal e como ditara o maxistrado que se ocupa desta investigación producíronse contactos coas familias das seis vítimas ás que obedece a investigación por homicidio imprudente, para informarlles de que teñen á súa disposición as accións legais que consideren oportunas.

Estes contactos xa están en marcha e xa se produciron con cinco das seis familias afectadas.

Comentarios