Un mozo de 29 anos perde a vida nun accidente en Touro

Un mozo de 29 anos, R.M.I., faleceu á primeira hora da mañá en Touro (A Coruña) tras sufrir un accidente de tráfico, segundo informou a Garda Civil de Tráfico.

O suceso ocorreu sobre as 7,25 horas de hoxe cando o vehículo conducido por R.M.I. de 29 anos, único ocupante, saíuse da vía e chocou contra unha árbore, tras o cal faleceu.

O home non levaba posto o cinto de seguridade, segundo apuntan as mesmas fontes.

Por outra banda, o O61 informou de que un home de 22 anos e unha muller, dos que non facilita máis datos, foron trasladados ao hospital do Barbanza tras sufrir un accidente en Boiro ás 5,59 horas.

Comentarios