Un incendio forestal obriga a evacuar de madrugada o cámping de Corrubedo

A pesar da proximidade ás casas do lume, declarado a última hora da tarde do sábado, non foi necesario declarar o nivel de emerxencia 'situación 2'
Un merendero calcinado, próximo al camping de Corrubedo que tuvo que ser desalojado a causa del incendio
photo_camera Un merendero calcinado, próximo al camping de Corrubedo que tuvo que ser desalojado a causa del incendio

Un incendio forestal declarado a última hora da tarde do sábado obrigou a desaloxar o cámping de Corrubedo, en Ribeira (A Coruña), segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural e do Mar.

En concreto, o lume comezou ás 19.24 horas e permanece controlado desde as 11.00 horas deste domingo, tras remitir as chamas durante a madrugada. As primeiras estimacións provisionais cifran a superficie afectada nunhas 35 hectáreas —das cales 32 son de monte arborado e o resto, raso—.

Nos labores de extinción participan un técnico, 6 axentes forestais, 17 brigadas, 12 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.

Pola súa banda, a Policía Local deste municipio coruñés explicou que a última hora do sábado recomendouse a varios veciños das casas máis próximas ao incendio abandonar as súas vivendas ata que o lume remitise. Ademais, a entrada a Corrubedo pola AC-303 quedou cortada ao tráfico durante varias horas.

Con todo, conforme indicou o departamento que dirixe Rosa Quintana, non foi necesario declarar o nivel de emerxencia dous.

EXTINGUIDO UN INCENDIO NA VEIGA

Por outra pare, outro incendio forestal quedou extinguido ás 2.14 horas da madrugada deste domingo na parroquia de Carracedo, situada no municipio ourensán da Veiga.

A Consellería do Medio Rural e do Mar precisou que as chamas se iniciaron ás 15.09 horas da tarde do sábado e afectaron a unha superficie de 30 hectáreas, 10 de monte arboledo e 20 de raso.

Na súa extinción participaron tres axentes forestais, 11 brigadas, 4 motobombas e unha pa.

Comentarios