Un incendio obriga a desaloxar un edificio en Culleredo, na Coruña

O incendio nun piso dun inmoble en Culleredo (A Coruña) obrigou esta mañá aos bombeiros a desaloxar o edificio ante a intensa fumareda.

O Concello desta localidade coruñesa informou nun comunicado de que o lume comezou pasadas as 9.30 horas na terceira planta do número 54 da avenida de Fonteculler.

Efectivos de Protección Civil acudiron de inmediato ao lugar dos feitos, onde accederon á vivenda e descargaron os extintores, polo que baixou notablemente a intensidade das chamas.

Os bombeiros de Arteixo desprazáronse seguidamente ata o lugar para continuar os labores con auga e sufocar por completo o incendio, polo que desaloxaron o edificio e evacuaron a unhas cinco persoas no auto escala, xa que non foi posible usar a escaleira do edificio.

Segundo o consistorio, o lume puido orixinarse na vitrocerámica da cociña deste piso por terse quedado algo sobre ela mentres estaba acendida, polo que a campá, os mobles, todos os aveños e alimentos almacenados foron calcinados.

Ademais, ao tratarse dunha cociña americana, as chamas alcanzaron o salón e queimaron a televisión.

Comentarios