O incendio forestal rexistrado onte á noite na parroquia de Vilavella, do concello ourensán da Mezquita, quedou controlado. A última estimación de extensión afectada é de 35 hectáreas de superficie con árbores.
A Consellería de Medio Rural informou de que nos labores de extinción, que se activaron ás 23:40 horas do xoves, participan un técnico, sete axentes forestais, once brigadas de entre cinco e sete persoas e nove motobombas.
Tamén traballou un helicóptero de coordinación, outro de extinción e un hidroavión.
Un incendio calcina 35 hectáreas na Mezquita
EFE
04 septiembre 2009 10:28 h.