Medio Rural dá por controlado o incendio de Santiago despois de queimar 47 hectáreas

Nas tarefas de control participaron 14 axentes, 27 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 2 avións

A Consellería de Medio Rural deu por controlado o incendio iniciado de madrugada na parroquia de Santa Cristina de Fecha, en Santiago, tras queimar 47,19 hectáreas.

O incendio quedou controlado sobre as 18:15 horas deste mércores e nas tarefas de control participaron 14 axentes, 27 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 2 avións.

Ademais deste incendio, Medio Rural indica nunha nota que ás 19:30 horas seguía estabilizado o lume de Entrimo, na parroquia da Illa, que afectou a unhas 25 hectáreas e que tamén permanece controlado o incendio orixinado o domingo en Monterrei e que queimou unhas 170 hectáreas.

Comentarios