Un home falece tras quedar atrapado baixo o seu tractor en Touro

Un home faleceu este xoves ao quedar atrapado baixo o seu tractor depués de que este envorcase no municipio coruñés de Touro. Segundo informou o 112, o suceso ocorreu no lugar de Sobredo, na parroquia de Foxás.

Foi nese momento cando o servizo de urxencias recibiu a chamada do 061 e mobilizou ao Helicóptero do 112 con base en Santiago. Con todo, non puideron facer nada xa que, ao chegar ao momento, o médico confirmou a súa morte.

Ao lugar acudiron ademais os Bombeiros de Arzúa cun equipo de excarceración para sacar o corpo de home, que permanecía baixo o tractor.

Comentarios