Un ferido tras unha colisión múltiple en Caldas de Reis

Un accidente con tres vehículos implicados deixou un ferido no derradeiro día do ano 2014 na Nacional 550, na poboación de Caldas de Reis, segundo informou o 112.

Os servizos sanitarios de urxencias encargáronse do seu traslado a un hospital de referencia.

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE 112) de Galicia recibiu o aviso cinco minuto antes das tres da tarde e mobilizou a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico de Pontevedra, GES de Valga, Protección Civil e Policía Local de Caldas.

Comentarios