Un ferido leve tras caer unha furgoneta na vía do tren en Cervo

Unha persoa resultou ferida leve esta mañá despois de que a súa furgoneta caese á vía do tren ao paso pola localidade lucense de Cervo, segundo informa Europa Press. Fontes de Renfe aseguran que dous convois da liña férrea de vía estreita (FEVE), un que viaxaba de Asturias a Ferrol e outro no sentido contrario, sufriron atrasos.

A circulación normal na vía ferroviaria restableceuse á unha menos cuarto do mediodía, unha vez que se despexou o camiño.

Comentarios