Un ferido nunha colisión múltiple en Outeiro de Rei

Unha persoa resultou ferida nunha colisión múltiple na que se viron implicados tres vehículos á altura do concello de Outeiro de Rei, segundo os datos de Urxencias 112 publicados por Europa Press.

En concreto, o accidente rexistrouse sobre as 22.18 horas deste venres, na N-VI, concretamente no punto que conecta Rábade a Lugo.

Tras a alerta dun particular, o CAE 112 Galicia informou a efectivos de Urxencias Médicas e da Garda Civil de Lugo. Finalmente, o ferido foi trasladado ao centro hospitalario de Lugo.

Comentarios