Un helicóptero volve sumarse á procura da octoxenaria Oliva López

A anciá foi vista por última vez en Murias, no municipio de Meira
Dispositivo de búsqueda
photo_camera Dispositivo de búsqueda

Un helicóptero da Garda Civil volverá este venres a sumarse á procura da anciá de 85 anos de idade, Oliva López Tella, que desapareceu no municipio lucense de Meira o pasado luns, cando foi vista por última vez no lugar de Murias, na parroquia de Seixosmil, onde ten a súa residencia. 

Os labores de rastrexo renovábanse á primeira hora da mañá e, por terceiro día consecutivo, están a participar na procura cans adestrados da unidade cinolóxica da Garda Civil de Ourense, así como efectivos de Protección Civil e membros do Ges da Pontenova, ademais de veciños da propia anciá.

O pasado mércores un helicóptero da Garda Civil estivo a sobrevoar a zona durante unhas catro horas e media, pero "sen ningún resultado". "Oxalá que estea ben", dixo o alcalde de Meira, Antonio de Deus, pero recordou que están a buscar "a unha persoa maior" e nas últimas noites "fixo un frío que o deixa a un teso". 

Os labores de rastrexo están a centrarse, precisamente, no lugar de Murias onde a anciá residía soa, nunha vivenda unifamiliar, desde que enviudó hai algúns anos. 

A última vez que a viron os seus veciños foi o luns, ao redor das 20.00 horas

Comentarios