Punxín, de peche polo custo da agua tras meses de ''asfixia''

Varios veciños de Punxín, Ourense, permanecen encerrados no Concello desde o pasado venres para protestar polo prezo da factura da auga nesta localidade, situada a escasos 18 quilómetros da capital ourensá.

Tras varios anos sen solucionarse este conflito, os veciños puxéronse en pé de guerra co obxectivo de negociar unha baixada do prezo da tarifa. Nin o goberno local nin a Xunta de Galicia achegaron algunha solución, aducen, pola que optaron por encerrarse.

En 2010, o PSdeG procedeu á privatización do servizo, que triplicou o importe das facturas tras a adxudicación do servizo da auga a unha empresa implicada posteriormente na Operación Pokemon, pasando duns 46.000 euros ao ano a preto de 100.000 euros.

Co PP a situación non se modificou. A nova adxudicación rolda os 100.000 euros anuais, o que supón os veciños paguen case o dobre do que debería custar.

Así, os veciños denunciaron a situación de ''asfixia" na que se atopan a causa do prezo, que pasou dos "7 euros, en 2009 a algo máis de 28 euros na actualidade" e recordaron que en concellos limítrofes o custo redúcese á metade como é o caso de Cenlle e os "3,68 euros" que pagan en Amoeiro, explicou a Efe un dos portavoces da comisión da auga constituída polos veciños, Joaquín Moldes.

Este portavoz avanzou que manterán o seu peche nas dependencias municipais ata que haxa "un interlocutor válido" para retomar o diálogo co actual alcalde, algo que non prosperou polo momento.

Tras varias conversacións mantidas con diferentes cargos, criticou a actitude do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, quen lles trasladou que non é "autoridade competente" para tratar este asunto.

Os veciños acordaron facer un calendario rotatorio para manter o seu peche a un conflito que "vén de lonxe", situación da cal responsabilizaron tanto ao anterior rexedor, do PSOE como ao alcalde de Punxín, do PP. "O alcalde é o máximo responsable", declarou Moldes, quen recordou que este tema está en mans do xulgado de Lugo, no marco da Operación Pokemon.

IRREGULARIDADES NA XESTIÓN, ENMARCADAS NA 'POKEMON'
Polo momento, denunciaron que ningún órgano competente "se dignase a preguntar" pola súa situación mentres o problema da contaminación atópase en fase de resolución, aínda que aínda sen solucionar.

O conflito da auga chegou ata os xulgados de Lugo no marco da Operación Pokemon. A comisión da auga presentou informes relacionados coa detección de auga contaminada por arsénico nas vivendas. Neles, apreciaron que Aquagest puido cometer un suposto delito contra a saúde pública ao servirlles "a propósito auga contaminada".

Axentes de Vixilancia Aduaneira solicitaron á xuíza que instrúe a Operación Pokémon, Pilar de Lara, a imputación do exalcalde de Punxín, Ourense, o socialista Alfredo Cruz, e do apoderado de Aquagest Casimiro G.F.

O informe destes axentes observa irregularidades detectadas na actividade da empresa no municipio, polas que podería acelerar a adxudicación da xestión a pesar dos informes negativos dos servizos xurídicos da Deputación de Ourense e da interventora municipal.

Comentarios