Unha fronte pouco activa deixará nubes e algún chuvasco ao oeste

El mapa del tiempo de esta jornada (MTG)
photo_camera El mapa del tiempo de esta jornada (MTG)

Unha fronte pouco activa irase achegando á Comunidade este luns e coa súa chegada agárdase que progresivamente o ceo se nuble e que se produzan choivas débiles máis ao oeste da Comunidade.

As temperaturas continuarán sen cambios significativos, con lixeiros ascensos puntuais das mínimas e coas máximas ascendendo na Mariña de Lugo.

Os ventos soprarán do suroeste, frouxos no interior, moderados na costa, con intervalos fortes nos arredores de Bares.

TEMPERATURAS

A Coruña 12° 25°, Ferrol 13° 23°, Lugo 11° 26°, Ourense 13° 32°, Pontevedra 13° 24°, Santiago 11° 20° e Vigo 11° 24°.

MARÍTIMA
Costa Cantábrica:
Vento do suroeste pola mañá, tarde e noite, forza 2 a 4 pola mañá, 4 a 6 pola tarde e 3 a 5 de noite. Marusía pola mañá e forte marusía pola tarde e pola noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metro.

Ferrol-Bares:
Vento do suroeste pola mañá, tarde e noite, forza 5 a 6 pola mañá e pola tarde e 4 a 6 de noite. Forte marusía. Visibilidade regular pola mañá e mala pola tarde e pola noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metro.

Ártabro: Vento do suroeste pola mañá, tarde e noite, forza 4 a 5 pola mañá e pola noite e 5 a 6 pola tarde. Forte marusía. Visibilidade regular pola mañá e pola tarde e mala pola noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0, 5 a 1 metro.

Costa da Morte: Vento do suroeste, forza 5 a 6 pola mañá e pola noite e 4 a 6 pola tarde. Forte marusía. Visibilidade regular pola mañá e mala pola tarde e pola noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metro.

Rías Baixas: Vento do sur pola mañá e pola tarde e do suroeste pola noite, forza 4 a 5 pola mañá, 3 a 4 pola tarde e 2 a 4 de noite. Forte marusía pola mañá e leve marusía pola tarde e pola noite. Visibilidade regular pola mañá e pola noite e mala pola tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metro.

Comentarios