Case o 50% dos alumnos de 3º e 4º da Eso considera os celos un sinal de afecto

Un estudo da Deputación da Coruña mostra que o 58% dos enquisados non percibe como negativo o feito de difundir imaxes ou conversacións da parella sen consentimento por internet

Estudiantes en una facultad. XESÚS PONTE
photo_camera Estudantes nunha clase. XESÚS PONTE

O 48% dos estudantes de Secundaria e o 41% das alumnas ven os celos como un síntoma de afecto na parella, segundo os resultados dun informe elaborado pola Deputación da Coruña dentro do programa de prevención e sensibilización da violencia de xénero entre a mocidade. O programa, dirixido a estudantes de terceiro e cuarto da Eso, foi impulsado pola área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña, baixo a lema 'Suprime o Control'.

Nesta edición contou coa participación de máis de 1.000 alumnas e alumnos de 14 centros educativos da provincia. 

Segundo informa o organismo provincial, entre outros datos, o informe mostra "que case a metade consideran que os celos son síntoma de afecto". Por outra banda, o 58% dos enquisados non perciben como algo negativo o feito de difundir imaxes ou conversacións da parella sen consentimento por internet. 

Para a deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, estudos deste tipo constatan "a importancia da educación e de informar á mocidade". "De implicarnos para cambiar as cousas", recalca. 

Comentarios