Un detido e un imputado por desfigurarlle a cara a golpes a un mozo en Vigo

A Policía Nacional de Vigo detivo a un mozo de 20 anos e imputado a outro como presuntos autores dun delito de lesións graves ao agredir a un mozo que mediou na pelexa na que se viu involucrado un amigo e ao que lle desfiguraron a cara a golpes, informaron fontes policiais.

Os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado sábado nas inmediacións da rúa Pontevedra, cando tras mediar na citada pelexa, o agredido foi perseguido á carreira por un grupo de mozos que, tras darlle alcance, pegáronlle puñadas e patadas que lle fixeron perder o coñecemento.

Os golpes recibidos producíronlle varias feridas na cara das que foi intervido cirurxicamente no Hospital Povisa da cidade olívica.

A investigación levada a cabo pola unidade de delincuencia especializada e violenta da Brigada de Policía Xudicial de Vigo permitiu a identificación de varios mozos integrantes da persecución ao mozo ferido, de entre os cales un foi detido como presunto autor da agresión e outro como imputado da mesma.

Ao primeiro cónstanlle dous antecedentes policiais anteriores, ambos polo mesmo delicto polo que o agora está imputado.

Os dous mozos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo en funcións de garda.

Comentarios