Un curtocircuíto obriga a desaloxar unha cafetería da USC en hora punta

Un curtocircuíto obrigou hoxe a desaloxar a un centenar de persoas que se atopaban nas instalacións do Edificio Docente Roberto Novoa Santos, da USC, nas proximidades do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).

O incendio orixinouse ás 14.45 horas por mor dun fallo eléctrico no lavalouzas da cafetería, o que provocou unha gran fumareda, sinalaron a Efe fontes da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

"A avaría foi pequena pero moi aparatosa", indicaron e tamén dixeron que, afortunadamente, non houbo feridos.

Por iso, os efectivos de seguridade decidiron desaloxar ao máis de centenar de persoas que se atopaban nese momento no interior.

Ata o lugar desprazáronse dúas dotacións dos bombeiros da capital galega, para inspeccionar o lugar tras acordoar a zona e restrinxir o tráfico.

Nestes momentos, fontes da USC confirmaron que xa se restableceu o servizo.

Comentarios