Un centenar de estudantes frustra unha intervención de Núñez Feijóo na USC

Un centenar de estudantes boicoteou onte pola tarde un acto do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que debía inaugurar a XV Conferencia de Decanos e Directores de Matemáticas que se celebra en Compostela.

O grupo que impulsou esta acción alegou que era "en protesta contra os recortes que o Goberno e o Executivo galego realizan en materia de educación".

O grupo de universitarios, baixo argumentos como "aquí non hai presidente" ou "deixade de facer propaganda", tomou a entrada da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago Compostela (USC), situada no Campus Sur, segundo informaron a Efe fontes próximas á institución académica.

A pesar de que o reitor da USC, Juan Viaño, presente no evento, intentou mediar para conseguir que Núñez Feijóo entrase á conferencia, o grupo de estudantes non cedeu na súa protesta, que coincide co último día da folga convocada polo Sindicato de Estudantes.

Finalmente, tras a marcha voluntaria do máximo mandatario galego, o acto desenvolveuse con total normalidade.

Este é un dos chíos de celebración que puideron lerse logo do ocorrido.

Comentarios