lunes. 06.07.2020 |
El tiempo
lunes. 06.07.2020
El tiempo

A última palabra do Chicle, sen perdón

Vista de apelación do Chicle. EFE
Vista de apelación do Chicle. EFE
Visiblemente nervioso ao falar, Abuín Gey cargou con dureza contra a Garda Civil, como xa fixera na vista oral

José Enrique Abuín Gey 'O Chicle' fixo uso este mediodía do que podería ser a súa última palabra sobre o caso Quer, se o recurso da súa avogada non frutificase. No seu discurso, intentou defenderse dalgunhas acusacións, pero ningunha das súas frases dedicouna a pedir perdón.

Visiblemente nervioso ao falar, Abuín Gey cargou con dureza contra a Garda Civil, como xa fixera na vista oral. "A Uco mentiu e pódese demostrar. Rexistráronme o coche, tanto o Alfa (Romeo) como o Fiat, voluntariamente, e cortaron unha parte de asento dianteiro porque parecía que había ADN de algo e non apareceu nada. ¡E diso non dixeron nada!", exclamou. Ao que engadiu que "se eu limpo o coche, non aparecese nada". 

A partir de aí, o seu 'speech' mesturou reproches a distintas actuacións do caso. Por unha banda, volveu a chamar "mentireiros" aos gardas civís que estudaron a localización dos "xitanos" porque "as caravanas non estaban onde din". E, ao fío disto, volveu insistir en que el "estaba a roubar gasoil" aos feirantes e que se estes non botaron en falta combustible foi polas súas supostas habilidades no furto do carburante. "Eu podo roubar 300 litros e non se dan nin conta", dixo. 

A continuación referiuse á suposta violación á súa excuñada en 2005, un caso que está aberto. "Poden escoitar declaracións da miña exmujer nas que conta como a súa irmá lle dixo que todo era mentira".

Para finalizar, lanzou un terceiro ataque á Benemérita polo seu proceder ao detelo.  "A min detéñenme e xa me esposas e acusan da morte e desaparición de Diana Quer directamente, non polo caso Tania (ocorrido catro días antes)". "Poden preguntarlle aos das mutua (onde o arrestaron cando estaba a recibir fisioterapia), porque foi así", aseverou, antes de virar de novo cara ao coche no que transportou a Diana. "Se eu limpo o coche non aparece nada nos sientos".
"Nada máis, moitas grazas", foi a súa despedida.

A última palabra do Chicle, sen perdón
comentarios