sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

O TSXG recorda que as Oficinas de Atención á Vítima continúan operativas

Os servizos que prestan estas unidades seguen vixentes durante a crise do coronavirus

A comisión de seguimento da crise sanitaria Covid-19 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recorda que as Oficinas de Atención á Vítima e á Cidadanía das sete cidades galegas están operativas. Nun comunicado, remarca que os servizos que prestan estas unidades son considerados fundamentais dentro da Administración de Xustiza.

"Polo que funcionan con normalidade para garantir a atención á cidadanía, en especial ás vítimas de violencia machista", recalca nun comunicado no que inclúe os teléfonos e mails a disposición.

Na Coruña son: 981 18 21 79/ 881 88 11 32, co mail [email protected]; en Ferrol: 981 33 73 39 (información xeral)/ 981 33 75 20 (psicóloga; [email protected] e en Santiago: 981 54 03 58, [email protected] En Lugo é o 982 88 90 63/982 88 90 64 e o correo [email protected]

En Ourense, son os teléfonos 988 68 71 86 / 988 68 71 87, e o correo electrónico [email protected] e en Pontevedra: 986 80 59 92 (información xeral), 986 80 57 90/ 986 80 59 82 (atención vítimas), 986 80 59 08 / 886 20 64 09 (atención cidadanía.

Os correos son [email protected] ou [email protected] No caso de Vigo: 986 81 78 51 886 21 84 34 (traballadora social) /886 21 84 38 (psicólogo) e [email protected] no caso do correo electrónico, segundo detalla no comunicado.

O TSXG recorda que as Oficinas de Atención á Vítima continúan...
comentarios