Tres detidos tras dous roubos de vivendas en Cotobade e un en Forcarei

A Garda Civil detivo onte tres persoas como supostas responsables dúas delas de roubos nunha casa de Cotobade e o terceiro dun feito similar en Forcarei.

Os detidos en Cotobade son I.M.D., de 22 anos e veciño de Alacante e R.J.M.G., de 39 anos e vigués, que foron interceptados por unha patrulla na estrada entre Pontevedra e Ourense.

Foron capturados despois de que escapasen dunha vivenda da parroquia de Aguasantas nunha furgoneta Ford Transit, tras ser sorprendidos por veciños tratándose de levar estadas metálicas dunha casa.

O outro arrestado é M.M.B, de 20 anos e veciño do Carballiño, está acusado de levar unha porta metálica e a caldeira de calefacción da vivenda.

Os detidos por ambos os sucesos tiñan todos antecedentes policiais.

Comentarios