Tres críticos de Anova desmárcanse da candidatura europea

Tres membros do partido nacionalista galego Anova expresaron hoxe a súa renuncia a ser candidatos ás eleccións europeas de maio próximo por considerar un "erro estratéxico" unha alianza con IU.

Os militantes Luis Eyré Diéguez, David Balado Rouco e Xosé Miguel B. Rodríguez indican nun comunicado que "a integración nesa candidatura española é un erro estratéxico colectivo que pon en risco grave a pervivencia de Anova".

Anova e Izquierda Unida concorreron en coalición aos comicios autonómicos galegos nos que se situaron como a terceira forza política, por detrás do PPdeG e o PSdeG, pero superando en votos ao BNG.

Os tres integrantes de Anova afirman nunha nota que defenden posturas sobre o "proxecto orixinal de innovación, fraternidade e nacionalismo". "Anova aínda pode converterse en instrumento útil para a cidadanía da nosa nación", sinalan, e apuntan que a disputa por un posto da candidatura "sería máis un motivo de diverxencia que un factor de cohesión", polo que expresan a súa renuncia.

LEA AQUÍ O SEU COMUNICADO

Comentarios