Trasladan a un home despois de sufrir un corte coa máquina que manexaba na Cañiza

Foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro
Imagen de archivo del helicóptero del 112. ARCHIVO
photo_camera ARQUIVO

Un home foi evacuado esta mañá a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o Hospital Álvaro Cunqueiro, debido ás feridas que sufriu cando traballaba na súa casa cunha fresa.

Ao fío das 10:45 horas, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda. Segundo a información facilitada polo alertante, o accidente ocorrera nunha vivenda particular mentres o ferido traballaba na súa leira, situada no termo municipal pontevedrés da Cañiza.

Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto á aeronave medicalizada.

Para prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 informouse tamén aos membros do GES-SPEIS de Ponteareas e aos axentes da Policía Local e da Garda Civil.