Trasladan a un traballador tras quedarlle atrapada unha man baixo un muro que se derrubou en Santiago

Foi o propio traballador quen chamou para solicitar axuda e asistencia médica
Hospital Clínico Universitario de Santiago (Chus). EP
photo_camera Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS). EP

Un operario tivo que ser trasladado despois de que unha man lle quedase atrapada debaixo dun muro que se derrubou, na cidade de Santiago de Compostela.

Foi o propio traballador quen, a poucos minutos das 12:30 horas, chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda e asistencia médica. O accidente tivo lugar nunha vivenda da Rúa Ferrol cando unha parede vertical se viu abaixo sobre unha das mans do home.

Así, desde o CIAE-112 deuse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, aos Bombeiros da cidade, aos axentes da Policía Nacional e Local e a Protección Civil de Santiago. Ao remate, a Policía Nacional da localidade confirmou que o traballador foi trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

O traballador foi trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago

PRECIPITADO POLO OCO DUN ASCENSOR. Tamén na Coruña, outro traballador resultou ferido ao precipitarse polo oco do ascensor dun edificio de San Pedro de Visma.

A piques de dar as catro da tarde, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que notificaba os feitos. Deste modo, os operadores do CIAE112 Galicia facilitáronlle a información ao 061, aos Bombeiros e á Policía Nacional e Local da Coruña.

Ao final, a dotación dos Bombeiros da cidade confirmou que se efectuou o rescate do operario que foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios