Traballo destitúe outros dous altos cargos

A Consellería de Traballo prosegue executando o seu plan de reorganización, que arrincou hai meses e que se viu alterado polo estalido da operación Zeta que lle custou xa o seu posto ao ex director xeral de Relacións Laborais, Odilio Martiñá, ao exdelegado de Traballo na Coruña e ex director de Servizos Provincias da Deputación herculina, Luis Alberto Álvarez Freijido, e ao xefe do servizo de Emprego, Joaquín Villa. Todos eles dimitiron salvo Villa, que foi destituído.

As dúas novas destitucións, segundo apunta a Consellería, débense a factores estríctamente organizativos. Para eliminar calquera tipo de sospeita no caso dos recentes cesamentos dos xefes de servizo de Traballo e Economía Social e de Emprego, o departamento que dirixe Beatriz Mato explicou que estas destitucións foron comunicadas aos afectados, Enma Pérez e Juan Antonio Feito, o 16 de setembro e o 13 de outubro respectivamente. No último caso, a data é dous días anterior ao estalido do escándalo nos cursos de formación.

Comentarios