domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

Os traballadores de Alu Ibérica concéntranse para pedir a "intervención" da empresa

Os traballadores, concentrados este sábado na Praza de María Pita. ALU IBÉRICA
Os traballadores, concentrados este sábado na Praza de María Pita. ALU IBÉRICA
A concentración tivo lugar na Praza de María Pita ►O comité de empresa cualifica o proceso industrial da factoría da Coruña como "o proxecto Maroto"

Ao redor de dous centenares de persoas participaron este sábado nunha concentración organizada polo comité de empresa de Alu Ibérica A Coruña (antiga Alcoa) na Praza de María Pita, na que realizaron un mural humano formando a palabra intervención para esixir a actuación do Ministerio de Industria, pois cualifican o seu proceso industrial como "o proxecto Maroto", en alusión á titular desta carteira.

"Hoxe vimos demandar aquí dunha vez por todas a intervención da empresa. Hai que intervir para clarificar todo o que está a pasar e despois teñen que darnos a solución de futuro que nos prometeron", reclamou en declaracións aos xornalistas o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho.

Protesta dos traballadores na Praza de María Pita. ALU IBÉRICA

Na protesta, que comezou ás 12:00 horas, os asistentes, na súa maioría traballadores da fábrica, corearon consígnalas "a solución, unha intervención" ou "ministra Maroto, non nos vendas a moto", para demandar a "actuación contundente" do Goberno central.

Tras un gran cartel que reza Futuro para a industria. Estabilidade enerxética, os empregados de Alu Ibérica, ataviados con camisetas laranxas, colocáronse de forma ordenada na coruñesa Praza de María Pita para formar a palabra intervención.

ADMINISTRACIÓN. "Este é o proxecto industrial da ministra Maroto, non é o proceso de Alu Ibérica, nin o proceso de Alcoa, é o proceso Maroto", sostivo López Corbacho, quen indicou que "este non é un problema financeiro", pois "hai financiamento e investimentos pendentes".

Do encontro do próximo xoves, no que os comités de Alu Ibérica A Coruña e Avilés reuniranse con representantes do Ministerio na Mesa Técnica Industrial, esperan que haxa unidade de acción" por parte do Goberno cara ás empresas.

Tamén pediron o compromiso da Xunta, pois entende Corbacho que é a quen corresponde a responsabilidade de manter a industria en Galicia.

REACCIÓNS. Á protesta asistiron tamén membros da corporación municipal do Concello da Coruña para "reclamar unha intervención neste conflito e que se garanta o futuro da industria", sostivo en declaracións aos medios a alcaldesa, Inés Rei.

Así mesmo, a rexedora esixiu ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, que "tomen as rendas", que "exerzan as súas competencias", pois "están desaparecidos neste conflito", considerou.

En apoio aos traballadores, tamén asistiron representantes do BNG, entre eles, o candidato ás eleccións autonómicas pola provincia da Coruña Xosé Luís Rivas, que demandou "unha investigación seria" sobre as sucesivas vendas da planta, de Alcoa a Parter e deste ao Grupo Risco en menos dun ano.

"Galicia non pode perder actividade industrial deste xeito", subliñou Rivas, que lamentou que "hai promesas incumpridas por parte de todo o mundo".

Pola súa banda, o membro de En Marea Pancho Casal dubidou do proceso de venda das fábricas, pois dixo que non se entende como unha empresa como o Grupo Risco, con 70.000 euros de capital pode comprar unha empresa como Alcoa", e pediu "un seguimento" dos activos da entidade.

Os traballadores de Alu Ibérica concéntranse para pedir a...
comentarios