Traballadores acusan a un empresario por estafa

Os traballadores da empresa Lavandería La Espuma acusaron ao seu propietario de "engano" e "estafa" despois de que este lles pedise 54.000 euros para constituír unha nova sociedade cooperativa que non se chegou a crear.

"Sete empregados, ante a crítica situación económica que arrastraba a empresa e nun intento de salvar os seus empregos, alcanzaron o acordo verbal co propietario mediante o que se comprometían a inxectar capital na empresa e crear unha nova sociedade", explicou o sindicato CIG nun comunicado.

Pero, o día fixado para confirmar os compromisos ante notario, o propietario non compareceu e negouse a asinar o pactado "mentres non lle garantisen a entrega dun piso ao seu fillo".

Ante esta situación, os traballadores estudan a posibilidade de presentar unha demanda no xulgado do penal por un delito de estafa. Deste xeito, solicitaron xa a extinción dos seus contratos por vía xudicial ao non recibir os seus salarios.

Comentarios