viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Tomé valora "positivamente" que "calquera militante" poida presentarse ás primarias do PSdeG

Valentín González Formoso y Gonzalo Caballero, en A Coruña. EUROPA PRESS
Valentín González Formoso y Gonzalo Caballero. EUROPA PRESS
O presidente da Deputación de Lugo mostrouse neutral ao ser preguntado pola candidatura de Formoso

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, asegurou este martes que "calquera militante ten o dereito a optar a calquera cargo orgánico". 

Así se pronunciou este martes en declaracións aos medios antes do pleno provincial e un día despois de que a contorna do secretario xeral PSOE coruñés, Valentín González Formoso anunciase que o tamén presidente da Deputación da Coruña presentará o vindeiro xoves a súa candidatura para competir nas primarias á secretaría xeral do PSdeG, un cargo que Gonzalo Caballero optará a revalidar. 

"Eu creo que calquera afiliado ou militante do partido socialista ten o dereito a optar a calquera cargo orgánico do partido, polo tanto eu valorou positivamente a calquera compañeiro ou compañeira que se presente aos procesos congresuais", argumentou. 

Preguntado sobre si se decanta por algún dos dous aspirantes que polo momento anunciaron a súa intención, Tomei recordou que "de momento non acabou o prazo" polo que avogou por "esperar" a ver quen se presenta. "Despois analizarémolo", apuntou. 

Sobre si haberá máis candidaturas, o presidente provincial de Lugo dixo descoñecer si haberá máis aspirantes, ironizando con que o xa sinalou que non se ía a presentar a este "proceso". "Para o seguinte xa veremos", chanceou. 

INÉS REy.  A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou este martes ao presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, de candidato "solvente" tras confirmarse que se presentará ás primarias do PSdeG.

Preguntada pola súa valoración sobre a decisión do tamén secretario provincial do PSOE coruñés, Inés Rey sostivo que "é moi positivo que existan diferentes candidaturas", pero non quixo pronunciarse sobre cal será a súa inclinación.

"Valentín é un candidato solvente que, ademais, procede do municipalismo", subliñou a rexedora, que engadiu que, deste xeito, é unha persoa próxima "aos problemas e preocupacións da xente".

No entanto, reiterou que o proceso "aínda non se iniciou" e pediu ¿respectar os tempos do partido, que son os tempos dos militantes"·. González Formoso presentará o xoves ás 19.30 horas en As Pontes a candidatura coa que disputará o liderado do PSdeG a Gonzalo Caballero.

CARMELA SILVA. Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra valorou a "democracia" interna do PSdeG, que fixou para o próximo día 30 de outubro as súas eleccións primarias, e reprochou ao PP que "defenda o legado da corrupción". 

Así se manifestou preguntada tras unha rolda de prensa en Vigo pola presentación das candidaturas ás primarias do PSdeG. A este respecto, Carmela Silva celebrou que "haxa dúas opcións", aínda que recoñeceu que lle gustaría que houbese algunha muller" na carreira por liderar a formación socialista a nivel autonómico.

Tomé valora "positivamente" que "calquera militante" poida...
comentarios