Todos os estudantes que viaxen a Baleares terán que gardar corentena

A Central de Seguimento de Contactos porase en contacto con eles
Un sanitario fai unha PCR. EUROPA PRESS
photo_camera Un sanitario fai unha PCR. EUROPA PRESS

A Consellería de Sanidade anunciou que todos os estudantes que viaxen a Baleares considéranse contactos estreitos e, polo tanto, terán que gardar corentena ata que a Central de Seguimento contacte con eles.

Sanidade toma esta medida tras coñecerse a existencia da un brote de coronavirus entre estudantes que recentemente realizaron unha viaxe a Baleares. 

A Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un protocolo, en coordinación coa Estratexia de Vacinación, no que se disporá que teñen que facer os mozos en función da data dos seus viaxes.

A Consellería de Educación está a enviar ao departamento sanitario da Xunta as listas dos centros que viaxaron recentemente ás Illas Baleares. Desde a Central de Seguimento de Contactos chamarase a todos os alumnos, para informalos sobre o protocolo e resolver posibles dúbidas.

Polo momento hai once centros en Galicia –dous deles en Lugo– que confirmaron algún viaxe de alumnos a Baleares.

Serán as respectivas áreas sanitarias as encargadas de xestionar as citacións das PCR a realizar.

Sanidade pide que os pais ou nais que recollan aos seus fillos no aeroporto extremen a precaución. A recomendación da Consellería é que vaia só unha persoa e, no automóbil sempre con máscara e distancia. 

Comentarios