Unha quenlla sorprende aos bañistas na praia de Montalvo de Portonovo

Os usuarios do areal gravaron ao animal preto da beira
photo_camera Tintureira na praia de Montalvo. DP

Os avistamentos de quenllas nos meses de verán non son un fenómeno insólito nas costas galegas, pero sempre sorprenden aos bañistas que se topan cun exemplar e non dubidan en gravar cos seus móbiles aos escualos. É o que ocorreu na praia de Montalvo, en Portonovo, onde as ondas achegaron á beira unha quenlla ou tintureira.

Trátase dunha especie de quenlla inofensiva. Ademais, os exemplares que se achegan á costa adoitan ser noviños e tranquilos. Con todo, é recomendable non achegarse a eles porque son animais salvaxes. 

Comentarios