Os termómetros dispáranse ata os 30 graos

En Arnoia chegaron aos 30,3 e en varios puntos de Lugo achegáronse. Nas Rías Baixas non pasaron dos 25

Varias persoas gozan do sol xunto ao río Miño en Ourense. EFE
photo_camera Varias persoas gozan do sol xunto ao río Miño en Ourense. EFE

Galicia pasou, en pouco tempo, de choivas incesantes a unha onda de calor que este mércores 17 de abril deixou temperaturas propias do verán. A máxima marcouna Arnoia, en Ourense, con 30,3 graos centígrados.

Pero moi preto situáronse varias localidades da provincia de Lugo. Concretamente en Míllara (Pantón) e San Clodio (Ribas de Sil) movéronse en 29 grados e no interior da Mariña, tanto en Mondoñedo como en Lourenzá pasaron dos 28.

No caso concreto da cidade de Lugo houbo entre 27,5 e 28 graos, unha temperatura máis elevada que noutras cidades da fachada atlántica, como é o caso de Pontevedra, onde, ao igual que no resto das Rías Baixas, non pasaron dos 25.

Este xoves continuará o bo tempo e volverán repetirse imaxes de xente tomando o sol cando non hai moito tempo andaban debixo dos paraugas. Iso si, seguirá habendo más calor na Galicia interior que a carón do mar.

Comentarios