Tensión nunha aldea de Coles porque unha veciña ceiba as galiñas

Un matrimonio, molesto porque as pitas anden soltas. "É ridículo. As ovellas que andaban por aí non molestaban e agora as galiñas si", di un veciño 
As galiñas da discordia. TVG
photo_camera As galiñas da discordia. TVG

Cada vez que se abre o galiñeiro e saen, a alarma pita. Un grupo de galiñas é o culpable do malestar veciñal dunha pequena aldea de Coles. Tanto que incluso o Concello recibiu unha carta na que se pide que se obligue á dona dos animais a que non lles abra a porta do poleiro. 

A muller solta ás pitas un pouco cada día, algo que, polo visto, causa molestia a un matrimonio que vive cerca. "Moléstame que a veciña solte ás pitas por aí para estropear a sembra, a herba... Non hai dereito. As miñas téñoas gardadas como Deus manda", conta á Televisión de Galicia o veciño molesto.

O resto da veciñanza está amolada coa situación. "É ridículo. Ata fai nada que andaban as ovellas por aí non molestaban. E agora unhas galiñas, si", conta un veciño.

"A min non me molestan. Ao contrario, danme vida", di outro dos veciños ás cámaras da televisión autonómica.

A dona dos animais teno claro: "Aquí sempre houbo cans, vacas, ovellas... No rural é o que hai. Non quero entrar en máis polémicas, eu vou seguir botando as galiñas", conclúe.

Comentarios