"Si temos rastreadores": 6.000 traballan para a detección do Covid en Galicia

Sanidade destina 800.000 euros á compra de 14 ecógrafos ante o aumento de lesións internas polo coronavirus 
Feijóo en rueda de prensa. ARCHIVO
photo_camera Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello da Xunta. PEPE FERRÍN (AGN)

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves que Galicia conta con "máis de 6.000 persoas que teñen dentro das súas funcións a función de detección e seguimento" do coronavirus en Galicia, "tanto en (Atención) Primaria, como en preventiva, como no ámbito técnico". 

"Polo tanto, claro que nos preocupa o tema do rastrexo", asegurou Feijóo tras ser preguntado despois do Consello da Xunta polos datos de rastreadores existentes en Galicia. 

De feito, referiuse á "base de datos" que se vai a facer cos viaxeiros que cheguen a Galicia de zonas de risco. "Si temos rastreadores", sostén, cun "teléfono con teleoperadores potentes". 

Ademais, Feijóo subliña que hai 4,67 diagnosticados de coronavirus por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, fronte aos 30,88 que rexistra a media española

Por tal motivo, defende que Galicia está "nunha das mellores situacións epidemiolóxicas de España", mentres se vive unha "situación moi preocupante" no conxunto do Estado.

COMPRA DE 14 ECÓGRAFOS 

Por outra banda, o Consello da Xunta autorizou este xoves a compra de 14 ecógrafos para hospitais galegos por valor de 823.000 euros ante o aumento de lesións internas detectadas pola incidencia do coronavirus. 

Tres ecógrafos de altas prestacións van para o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, o Chuac da Coruña e o CHUS de Santiago. Outros catro ecógrafos con elastografía van para o CHUO de Ourense, o Hospital Lucus Augusti de Lugo, o Hospital Montecelo de Pontevedra e Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. 

Os outros setes ecógrafos (sen elastrografía) son para os hospitais públicos de Cee, Barbanza, O Salnés, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín e Valdeorras

A compra destes aparados vén asociada á observación ao longo da pandemia de complicacións asociadas órganos distintos do pulmón, como os do sistema vascular, corazón, fígado e riles. 

Comentarios