Tellado discrepa de Puy sobre o caso do cartel de Entroido da Coruña

"Nós non estamos para xulgar as actuacións dos xuíces", declarou o secretario xeral dos populares en resposta ás declaracións do portavoz parlamentario do PPdeG, que considera que este caso xudicial supón "despilfarrar esforzos e recursos"
Miguel Tellado, durante la rueda de prensa que ofreció este viernes en Santiago de Compostela
photo_camera Miguel Tellado, durante la rueda de prensa que ofreció este viernes en Santiago de Compostela

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegura "non compartir a opinión de Pedro Puy" respecto ao caso do cartel de Entroido da Coruña cun disfrace de papa polo declarou como investigado o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande (Marea Atlántica).

En rolda de prensa, Tellado foi preguntado pola reflexión que fixo esta semana o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, quen aludiu a certos casos xudiciais que, fundamentados en cuestións "nimias", supoñen "malgastar esforzos e recursos" mentres outros asuntos "máis relevantes desde o punto de vista económico e social sofren atrasos".

"Non comparto a opinión de Pedro Puy con respecto a que unha actuación xudicial nese sentido é un malgasto", sentenciou Miguel Tellado, quen cre que o cartel "é evidente que ofende e trata de ofender a xente que ten unhas crenzas relixiosas".

"Nós non estamos para xulgar as actuacións dos xuíces", continuou na súa argumentación Tellado, quen mostra o "respecto absoluto" dos populares ás actuacións xudiciais.

E é que o secretario xeral do PPdeG apunta que: "Se un xuíz determina que ten que chamar a declarar ao concelleiro de Cultura, de Culturas como din eles, para que dea explicacións sobre o cartel a min paréceme moi ben". "Desde logo os recursos públicos non están para utilizarse nesta finalidade", apostilou.

A continuación, cuestionado sobre se lle parece ben que chamen a declarar como testemuña ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, Tellado indicou que "é unha obrigación de todo cargo público, de todo cidadán, acudir a declarar a un xulgado cando calquera xuíz determine que o teu coñecemento, testemuño, pode ser relevante".

Comentarios