martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

Tellado cre que a recente crise de En Marea evidencia a debilidade do liderado de Villares

Miguel Tellado. AEP
Miguel Tellado. AEP

O secretario xeral do PPdeG cree que o líder da oposición "é máis respectado polo PP que polo seu propio partido"

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, cre que a recente crise aberta na formación política En Marea polo caso Paula Quinteiro deixa en evidencia a debilidade do liderado do seu portavoz, Luís Villares.

Segundo o político popular, "esta crise foi utilizada polos propios membros das mareas de Podemos para debilitar e socavar o liderado de Luís Villares", dixo en declaracións á Cadea SER. "Lamentablemente -engadiu- está nunha situación moi delicada, non lidera nada, ninguén o respecta, hai ata vídeos dos seus compañeiros de partido que o insultan; a nós parécenos bastante lamentable e temos a sensación de que Luís Villares é máis respectado polo PP que polo seu propio partido".

Sobre as últimas enquisas que apuntan a unha caída de apoios e ao ascenso de Ciudadanos, Tellado deixou entrever que á dirección do seu partido preocúpalle a falta de conexión cos seus votantes.

O secretario xeral dos populares galegos entende que as sondaxes deben levar ao seu partido a mellorar a súa relación coa sociedade para explicar mellor as medidas que se adoptan. "É verdade que hai que ler e considerar as enquisas, pero, en calquera caso, hai que seguir traballando. Creo que o PP ten que facer un exercicio moi grande de pedagoxía, de explicar todo o que facemos desde os gobernos, e que hai que traballar o relato", afirmou o dirixente popular.

A pesar das enquisas en contra, Tellado cre que o PP mellorará os resultados de 2015, e recuperará poder local. Sobre Cristina Cifuentes, considera que a presidenta madrileña deu as explicacións oportunas sobre as dúbidas que rodean ao seu máster.

Tellado cre que a recente crise de En Marea evidencia a debilidade...
comentarios