martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

A prisión por violar a unha veciña con discapacidade que quedou embarazada

Cárcel de Teixeiro. AEP
Cárcere de Teixeiro. AEP
A muller non lle contou nada á súa nai da agresión ata que se empezou a atopar mal oito semanas despois

O encargado do servizo de limpeza dun edificio na Coruña ingresará no cárcere de Teixeiro tras pasar a ser firme a condena de 8 anos de cárcere que lle impuxo a Audiencia Provincial, agora ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), por violar a unha veciña do inmoble onde traballaba, unha muller con discapacidade que quedou embarazada a raíz do suceso.

O alto tribunal galego refire na súa sentenza que o condenado se aproveitou da discapacidade intelectual da vítima, quen estaba incapacitada xudicialmente, para levala ao cuarto da limpeza e violala".

"A afectada non lle contou nada á súa nai ata oito semanas despois, cando se empezou a atopar mal e levouna ao hospital, onde lle comunicaron que estaba embarazada", relata o TSXG, que ademais da pena de cárcere impón ao acusado a prohibición de achegarse á súa vítima e de comunicarse con ela a través de calquera medio durante 16 anos.

A prisión por violar a unha veciña con discapacidade que quedou...
comentarios