Suspendido un sacerdote en Ourense investigado polo suposto acoso a un menor

A Diocese pide respectar a "presunción de inocencia" e manifesta a súa "total colaboración coa xustiza"

Un sacerdote. PIXABAY
photo_camera Un sacerdote reparte hostias. PIXABAY

Un sacerdote da Diócese católica de Ourense foi apartado temporalmente da súa actividade por estar baixo investigación xudicial acusado de presunto acoso a un menor a través de redes sociais, informou o Obispado. 

Nun comunicado remitido aos medios, a Diócese destaca a necesidade de respectar a "presunción de inocencia”, manifesta a súa “total colaboración coa xustiza”, indica que “lamenta o posible dano causado á vítima e á súa familia” e expresa a súa "disposición a prestarlle o apoio e a axuda necesaria”.

O bispo Leonardo Lemos Montanet e os membros da pastoral diocesana mostran a súa “tolerancia cero” contra ese tipo de actitudes e a súa "firme condena e repulsa ante calquera tipo de comportamento que atente contra a integridade física e moral dos menores e das persoas vulnerables”. 

Fontes da Diócese aseguraron que desde que se decataron do caso, Lemos Montanet contactou co clérigo, de avanzada idade e, tras expresarlle a "gravidade da situación”, decidiu suspendelo das súas funcións “preventivamente mentres a investigación prosegue o seu curso”. 

O Obispado sinala que non fará máis declaracións mentres as indagacións continúen e comprometeuse a seguir impulsando “as medidas necesarias de prevención e actuación”, obedecendo as indicacións da Santa Sé, a fin de que a actividade pastoral “non se vexa afectada por comportamentos que a danan gravemente" .

comentarios