Suspendido a quenda de noite na Citröen por mor dunha avaría

Unha avaría na instalación de manutención, o sistema que move os vehículos na liña, obrigou a suprimir a quenda programada para a pasada noite no sistema 1 da fábrica de PSA Peugeot Citröen de Vigo, segundo informaron a Efe fontes da multinacional.

A avaría produciuse antes do inicio da quenda de noite, polo que os traballadores foron avisados con antelación para que non acudisen aos seus postos, detallaron as fontes.

Unha vez reparada a anomalía na instalación de manutención, a fábrica de Balaídos recuperou hoxe a actividade.

As fontes da compañía sinalan sobre a recuperación da actividade perdida que a quenda de noite ten un horario variable, polo que se podería optar pola súa ampliación

Comentarios