Suspenden as clases en 3º de primaria nun Ceip de Carballo tras un contaxio

Tamén se rexistrou un caso positivo no Ceip Manuela Rial Mouzo, en concreto un dos docentes do centro
Ceip Nétoma-Razo de Carballo. GOOGLE MAPS
photo_camera Ceip Nétoma-Razo de Carballo. GOOGLE MAPS

A confirmación dun caso positivo de Covid-19 entre o alumnado do Ceip Nétoma- Razo de Carballo derivou na suspensión das clases en 3º de primaria. O goberno municipal tivo coñecemento esta fin de semana do caso, despois de que a dirección do centro activase o protocolo e solicitase a colaboración do Concello para realizar unha desinfección especial, que levou a cabo este mesmo domingo, tanto na aula do alumno afectado como nos espazos comúns.

Por agora, o colexio mantén a súa actividade, á espera da evolución dos datos.

UN PROFESOR EN CEE. Doutra banda, en Cee tamén se rexistrou un caso positivo no Ceip Manuela Rial Mouzo, en concreto un dos docentes do centro, aínda que a situación está controlada. O caso consultouse co coordinador do centro de saúde e a xefatura territorial da Xunta, e cumpríronse rigorosamente as instrucións que lles indicaron, ademais da limpeza e desinfección dos espazos.

Segundo indicaron estas fontes, trátase dun grupo moi reducido de escolares e todos usaban máscara, polo que continuará a actividade no centro salvo nesa aula.

Comentarios