Sorprendidos dous mozos de Vigo cando facían unha pintada no Porriño 

Enfróntanse ao pago dunha multa de 600 euros 
Pintadas en O Porriño. GUARDIA CIVIL
photo_camera Pintadas no Porriño. GARDA CIVIL

A Garda Civil denunciou a dous mozos veciños de Vigo como presuntos autores dunha infracción á Lei de Seguridade Cidadá por deslucimiento de bens inmobles tras ser sorprendidos cando realizaban unha pintada nun muro das vías férreas no Porriño

Segundo informou o Instituto Armado, os mozos foron sorprendidos por unha patrulla de Seguridade Cidadá do Posto Principal da Garda Civil do Porriño o pasado venres cando realizaban unha pintada "de considerables dimensións" nun muro das vías férreas, debaixo da ponte de acceso á autovía A-55, nas Gándaras, no Porriño. 

Unha vez identificados, interviñéronselles 20 botes de spray, ademais dos útiles que utilizaban e foron denunciados por infrinxir a Lei Orgánica 4/2015 sobre Protección da Seguridade Cidadá por danos "ou o deslucimento de bens mobles ou inmobles de uso ou servizo público, así como de bens mobles ou inmobles privados na vía pública, cando non constitúan infracción penal", puntualizan as mesmas ufentes. 

Os presuntos autores desta pintada son veciños de Vigo de 27 e 28 anos de idade. A Benemérita destaca que se poden enfrontar a unha sanción económica de 600 euros, ademais do pago dos gastos que xera a reposición do inmoble afectado ao seu estado orixinal.