Sorprendido nun control na AP-9 en Vilaboa con máis de 50.000 euros en drogas

O home, de 43 anos, transportaba 14 quilos de landras de haxix e un paquete con 390 gramos de cocaína
El detenido transportaba hachís y cocaína por un valor superior a los 50.000 euros. GUARDIA CIVIL
photo_camera El detenido transportaba hachís y cocaína por un valor superior a los 50.000 euros. GUARDIA CIVIL

A Garda Civil detivo un home de 43 anos ao que, no transcurso dun control na autoestrada AP-9, acháronlle máis de 50.000 euros en drogas.

Os feitos producíronse o pasado luns na peaxe situada en Vilaboa, onde unha patrulla do instituto armado estaba a realizar un dispositivo de control rutineiro.

Os axentes deron o alto a este condutor e decidiron rexistrar o coche ante os "signos de nerviosismo" que, segundo destaca a Garda Civil, mostrou cando estaba a ser identificado.

O home, veciño de Ferrol, levaba dentro do coche unha maleta con case 14 quilos de landras de haxix e un paquete, situado debaixo do seu asento, con 390 gramos de cocaína.

O haxix, segundo a valoración realizada pola Oficina Central Nacional de Estupefacientes, está valorado en 28.692 euros; e a cocaína, en 23.895 euros.

Procédese á detención desta persoa, por un delito de tráfico de drogas.

Tanto a droga intervida como o detido, que será investigado por un delito de tráfico de drogas, quedaron baixo a custodia do xulgado de instrución de garda de Cangas.