Sogama visibiliza a loita contra o cancro de mama coa entrega de minicontedores rosa

Crea unha edición limitada baixo a lema 'Sempre contigo'

Sogama súmase este sábado ao Día Mundial contra o Cancro de Mama cunha edición limitada de minicontedores rosa co lema Sempre Contigo, co fin de visibilizar a enfermidade. Presentáronos este venres o presidente e o director xeral, Javier Domínguez Lino e Isidro García Téllez, e repartiranse a nenos e maiores nos proximos días.

García Téllez e Domínguez Liño, cos minicontenedores rosa. SOGAMAComo empresa pública "comprometida co medio ambiente, a saúde e o benestar da cidadanía", con este xesto Sogama quere alentar e animar a quen padece esta enfermidade a "continuar na loita". "Unha batalla que se pode gañar, e de feito se gaña, desde a valentía, o optimismo, a ilusión e a esperanza, sendo o diagnóstico precoz unha das principais armas para combatela", subliña.

É por iso que nos próximos días entregará, con motivo de distintas accións educativas que desenvolva en centros educativos e colectivos sociais, partidas de minicontedores rosa para gardar neles "os pequenos obxectos favoritos", bolígrafos ou lapis, por exemplo.

Comentarios