jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Sofía e Mateo seguen un ano máis como nomes preferidos para bebés galegos

Un bebé recién nacido. AEP
Un bebé recién nacido. AEP
O IGE destaca que cada vez hai máis preferencia por usar nomes galegos

Sofía e Mateo continúan sendo un ano máis os nomes preferidos para os nenos e nenas nacidos en Galicia, segundo a estatística de nomes dos neonatos galegos de 2020, que este venres publicou o Instituto Galego de Estatística (IGE).

á parte de Sofía, os nomes de muller máis comúns son Noa, en segundo lugar, seguido de Martina, Lara e Valeria. Comparado con 2019, os catro primeiros continúan na mesma posición, mentres que Valeria pasa do posto número sete ao cinco, que intercambia con Lucía, segundo informa a Xunta.

En canto aos nomes masculinos, os cinco máis frecuentes son Mateo, Martín, Lucas, Hugo e Leo. Tamén eran estes os preferidos en 2019, coa diferenza de que Lucas estaba no segundo lugar e Martín no terceiro e en 2020 houbo un intercambio de posicións.

Entre os vinte primeiros nomes, todos mantéñense na lista durante os dous últimos anos estudados, excepto Roi e Alejandro, que dan paso no 2020 a Xoel e Mario.

En canto aos nomes femininos, no 2020 incorpóranse Miña e Alma e desaparecen de entre os vinte primeiros Alba e Emma.

Ademais, a Xunta destaca que se incrementa a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (Antía, Uxía e Sabela) como para os nenos (Brais, Antón e Iago).

A estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación do IGE permite coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década, desde antes de 1930 ata a década actual.

Sofía e Mateo seguen un ano máis como nomes preferidos para bebés...
comentarios