Sobreseída a causa do policía local de Santiago contra Conde Roa e Currás

O Xulgado de Instrución número 1 de Santiago decretou o sobresemento provisional da causa contra os exalcaldes composteláns polo PP Ángel Currás e Gerardo Conde Roa, en relación á investigación do caso de prevaricación e acoso moral sobre o exsubxefe da Policía Local de Santiago José Antonio Carril, segundo informa Europa Press.

A xuíza Ana López-Suevos pronúnciase sobre os dous exrexidores despois de volvelos a imputar en novembro de 2013 tras coñecerse unhas conversacións telefónicas gravadas que apuntarían a un complot contra o axente. Mar Hinojosa, exxefa de Seguridade do Concello tamén fora imputada do mesmo xeito que o asesor muincipal Ángel Espadas. O exconcelleiro de Tráfico Albino Vázquez tamén figura como imputado.

Nas escoitas, o exconcelleiro de Tráfico recorreu en abril de 2012 a Ángel Espadas para que chamase ao Concello para ter "trincado" a José Antonio Carril traballando na súa leira con material municipal. O policía denunciou "presións" para desaparecer un ateigado policial de Espadas, sorprendido durmido e ebrio ao volante do seu coche antes da municipais de 2011. Segundo o axente, a negativa a cumprir a orde motivaría o seu suposto acoso.

Comentarios