Sira Rego sitúa de número dous do seu ministerio ao vigués Rubén Pérez

Foi impulsor da Marea en Vigo e responsable de Esquerda Unida cando Yolanda Díaz lideraba EU-EU en Galicia
Rubén Pérez en una foto de archivo. AEP
photo_camera Rubén Pérez nunha foto de arquivo. AEP

A ministra de Mocidade e Infancia, Sira Rego, sitúa como número dous da carteira que dirixe a Rubén Pérez, militante de Esquerda Unida que foi impulsor da Marea de Vigo e actualmente é responsable de Municipal na dirección federadal de EU. 

Deste xeito, segundo fontes consultadas por Europa Press –e adiantou Radio Vigo–, o Consello de Ministros do novo goberno que lidera Pedro Sánchez nomeará a Rubén Pérez este mércores como secretario de Estado do Ministerio de Mocidade e Infancia. 

Rubén Pérez Correa (Vigo, 1977), é Licenciado en Historia pola USC e técnico especialista e posgrao en Loxística e Produción, participou na construción das mareas municipalistas que en 2015 irromperon nos concellos galegos, no seu caso, na oposición nunha corporación municipal que lidera Abel Caballero (PSOE) con maioría absoluta. 

Ademais, antes de situarse á fronte de responsabilidades federais baixo a dirección de Alberto Garzón, Rubén Pérez foi secretario de Organización de Esquerda Unida-Esquerda Unida con Yolanda Díaz como coordinadora galega de EU-EU. 

Á fronte destas responsabilidades, foi un dos artífices das alianzas da esquerda rupturista cunha parte do nacionalismo galego que desembocou na formación En Marea, agora disolta tras chegar a conquitar 14 deputados e ser segunda forza máis votada na Comunidade galega.

NOVAS TAREFAS. Como secretario de Estado, Rubén Pérez terá a tarefa de articular un ministerio que non existía ata agora e un sector da poboación co que Yolanda Díaz se comprometeu en campaña electoral para ofrecer un bono para formarse ou emprender de 20.000 euros.