Sinaí comprométese a ingresar este venres en prisión

Se non o fai ditarase unha orde de busca e captura contra el
Sinaí Giménez. DP
photo_camera Sinaí Giménez. DP

Sinaí Giménez confirmou, en declaracións á TVG, que ingresará este venres no centro penal da Lama, tal e como lle reclama a xustiza.

O Rei dos Xitanos debe cumprir unha condena de dous anos  e nove meses polos conflitos cos Zamoranos, segundo reclámalle unha sentenza ditada o ano pasado. Os múltiples recursos presentados polos seus avogados atrasaron o seu ingreso en prisión, todos eles desestimados. O punto e final desta prórroga parece que a puxo a negativa do Goberno á solicitude de indulto.

A sentenza corresponde á pena por ameazar de morte a Felipe Salazar na feira de Redondela en novembro de 2016. Nesa mesma sentenza tamén foron condenadas dúas das súas irmás e unha sobriña a uns anos e nove meses de prisión.

No caso de que Sinaí non se presente no cárcere pontevedrés ditaríase unha orde de busca e captura contra a súa persoa.

Comentarios