O Sergas ultima o proceso de vacinación das 245.000 persoas de entre 50 e 55 anos

Está a "afinar" o procedemento de citación para empezar a administrar as doses a próxima semana
Una vacuna de AstraZeneca. EFE
photo_camera Unha vacina de AstraZeneca. EFE

O Sergas ultima o procedemento de vacinación para as persoas de entre 50 e 55 anos, que son 244.900, incluídas as nacidas en 1966. A inmunización deste grupo de idade empezará a próxima semana, pero o día aínda non se concretou, e decidiuse comezar debido a que a Xunta recibiu unha remesa de vacinas de Astrazeneca, que non se están administrando a colectivos de máis idade. 

A administración das doses comezará polas persoas cuxo primeiro apelido comece pola letra H, o mesmo criterio empregado tras un sorteo para inmunizar os maiores de 80 anos. A partir de aí, o ritmo dependerá das vías dispoñibles, porque só hai 30.000 vacinas para empezar

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou este venres que o Sergas "está afinando" o procedemento de citación, xa que actualmente teñen un sistema destinado aos maiores de 80 anos, que inclúe chamada de teléfono e dúas confirmacións. Precisamente, preguntado por cando se realizarán as inmunizaciones dos maiores de 80 que non poden desprazarse ao centro de saúde —e que teñen que recibir a vacina nos seus domicilios—, apuntou que será "en breve" e que quedaron anotadas. 

O conselleiro de Sanidade pide "paciencia" e "solidariedade" cos colectivos prioriarios e subliña que "haberá vacina para todos" 

Para o colectivo de entre 50 e 55, o sistema que se empregará, debido a que será máis concentrado no tempo, será "diferente". Neste sentido, dixo que confía en dalo a coñecer canto antes. 

Comesaña agradeceu aos grupos de vacinación "o traballo" para realizar esta inmunización. Ademais, pediu "paciencia e solidariedade" a todos os cidadáns cos grupos que son "prioritarios" e defendeu a estratexia de vacinación, que é a que se está seguindo. Así, apuntou que son difíciles de xestionar "as demandas e inquietudes dos diferentes colectivos" e, por iso, hai que ser "rigorosos" co que establece o plan de vacinación. "Haberá vacina para todos", proclamou o conselleiro de Sanidade. 

Atendendo aos datos actualizados con data de este venres, Galicia vacinou 68.509 persoas que completaron a pauta, mentres que 118.568 xa foron recibiron a primeira dose. 

Comentarios