O Sergas prohibe usar o material anticovid doado por Iago Aspas

A área sanitaria di que non foi analizado mientra que a CIG ve motivos "políticos" detrás da decisión
Iago Aspas se lamenta en el césped de Mestalla. MANUEL BRUQUE (EFE)
photo_camera Iago Aspas. MANUEL BRUQUE (EFE)

O sindicato CIG denunciou este sábado que a dirección de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo prohibiu ao persoal utilizar o material de protección contra o coronavirus doado polo futbolista internacional do Celta Iago Aspas porque non foi analizado polo servizo de medicina preventiva do Sergas.

Con todo, traballadores de sPAC Cangas-Moaña denuncian que se trata dunha represalia dos directivos por non ser invitados o acto de doazón, segundo indica CIG nun comunicado.

Na súa nota, o sindicato sostén que o persoal sanitario da PAC de Cangas-Moaña, a terra natal de Aspas, notificou a súa Xerencia as características do material doado e as fichas técnicas dos produtos con información detallada sobre a certificación e o cumprimento da lexislación en materia de prevención de riscos laborais.

“Lamentamos profundamente que unha iniciativa tan fermosa e que tan só pretendía que o material chegase directamente ao persoal sanitario, tivese a mellor calidade posible e servise para atender á poboación do Morrazo se ensucie polo egoísmo dos nosos xestores”, dixeron, segundo a CIG, os traballadores.

O sindicato apunta ao xefe de servizo do Centro de Saúde de Cangas, Benito Villoch, quen se encargou de transmitir a orde de traballo aos profesionais da PAC, a cal implica sancións económicas no caso de que se infectasen con coronavirus ao perder a condición de baixa laboral por enfermidade profesional.

Os traballadores, sempre segundo a CIG, din non entender que no centro de Saúde de Cangas teñan que utilizar material de fabricación caseira procedente tamén de doazóns, pero que non se lles permita utilizar material que si está homologado.

De acordo co sindicato, os traballadores denuncian non só que se lles prohibiu utilizar o material que Aspas doou o pasado 29 de maio, senón que a dirección intentou confiscalo, e aseguran que todo obedece a cuestións políticas.

“Todo isto non é máis que unha represalia por non permitir que os directivos se luzan na foto en plena campaña electoral”, asegurou unha traballadora.

Comentarios